Saltar ao contido

Jorge Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Prado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Prado García Editar o valor en Wikidata
5 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor en Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor en Wikidata

Páxina webjorgeprado61.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: jorgeprado61 Twitter: jorgeprado61 Instagram: jorgeprado61 Flickr: 146344421@N04 Editar o valor en Wikidata

Jorge Prado García, nado en Ramil (Lugo) o 5 de xaneiro de 2001,[1] é un piloto galego de motocrós. Gañou catro veces o Campionato Mundial de Motocrós, dúas delas na categoría raíña, MXGP, (2023 e 2024), e dúas en MX2 (2018 e 2019). Acumula 49 vitorias en Grandes Premios, 18 delas na máxima categoría, sendo o sexto piloto con máis vitorias de todos os tempos.

Correu dende a súa infancia con motos da marca KTM, ata que en 2022 pasou a competir con Gas Gas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Lugo o 5 de xaneiro de 2001, nunha familia vencellada ao motociclismo, do que eran afeccionados o seu avó Ignacio e o seu pai Jesús.[2] O día que cumpriu tres anos de idade, recibiu a súa primeira moto, unha pequena de trial, e aos seis practicaba xa motocrós.[2] Comezou a adestrar co expiloto Román Pérez, amigo de seu pai, primeiro en Ombreiro, a dous quilómetros da súa casa de Ramil, e logo no abandonado Circuíto de Rubiás.[2]

Gañou a súa primeira carreira con sete anos, idade á que foi subcampión do MX Master Kids en Bélxica, considerado o mundial infantil de motocrós.[3] En 2010 proclamouse campión de España en 65cc[4] e en 2011, con 10 anos, converteuse en campión europeo e mundial júnior de 65cc de cilindrada competindo contra pilotos de ata 12 anos.[5][6] Foi o campión do mundo máis novo da historia.[7] Tras os éxitos dese ano, a marca austríaca KTM fichouno para as seguintes cinco tempadas e fabricoulle unha moto de 85cc.[6][8] A súa familia decidiu ir vivir a Lommel (Bélxica), por motivos de competición.[9]

En agosto de 2012, sufriu unha caída durante a disputa do Campionato de Europa en Inglaterra e o piloto que o seguía pasoulle por riba coa moto, polo que Jorge tivo que ser hospitalizado. Aínda que non foi grave, impediulle participar no Mundial, que se celebrou a fin de semana seguinte en Bulgaria.[10] En novembro proclamouse subcampión de España de 85cc por detrás do tamén galego Rubén Fernández.[11] En 2013, rompeu unha clavícula tras ir ao chan en Alemaña, cando lideraba o Campionato de Europa.[12] Tras varias semanas de repouso, reapareceu no Campionato Mundial na República Checa,[13] onde rematou en 6º lugar.[5] O europeo finalizouno en 5ª posición.[14]

En 2014 sufriu unha fractura de pulso en marzo[15] e de tibia en xullo,[16] co que se perdeu tanto o Europeo como o Mundial.[17] En 2015 proclamouse campión de Europa de 125cc[18] e KTM renovoulle o contrato por 5 anos máis.[19]

Campionato Mundial de MX2

[editar | editar a fonte]

En 2016, con 15 anos, debutou na categoría MX2 do Campionato do Mundo de Motocrós, no Gran Premio dos Países Baixos, en Assen, logrando subir ao podio en 3º lugar.[20][21][22] En 2017 foi o primeiro español en gañar unha proba de motocross MX2 en Pietramurata (Italia).[23] Nesa tempada gañou tamén os Grandes Premios de Bélxica[24] e os Países Baixos[25] e subiu ao podio na Arxentina (3º)[26] e Suecia (2º),[27] rematando a tempada en sétima posición do mundial.[28]

Para a tempada 2018, mudouse con seu pai a Santa Marinella, na provincia de Roma, para estar máis cerca do seu equipo.[29] Gañou os Grandes Premios de Trentino,[30][31] Portugal,[32] Alemaña,[33] Francia,[34] Lombardía,[35] Indonesia (Semarang)[36] República Checa,[37] Bélxica,[38] Suíza,[39] Bulgaria,[40] Assen[41] e Imola,[42] e subiu ao podio nos Países Baixos (2º),[43] Castelló (2º),[44] Rusia (2º),[45] Gran Bretaña (2º)[46][47] e Indonesia (Pangkal Pinang, 3º).[48] Deste xeito proclamouse campión do mundo aos 17 anos con 873 puntos, 96 máis que o seu compañeiro de equipo e anterior campión do mundo, Pauls Jonass.[49]

O Campionato Mundial de 2019 comezou cunha vitoria para Jorge Prado en Neuquén, Arxentina.[50] Por mor dunha lesión nun ombreiro non puido participar na segunda proba do ano, en Gran Bretaña,[51] que foi gañada por Thomas Kjær Olsen.[52] Tras esa curta ausencia, volveu ao Mundial en abril e gañou de forma consecutiva os trece seguintes Grandes Premios: Países Baixos,[53] Pietramurata,[54] Mantua,[55] Portugal,[56] Francia[57], Rusia[58] Letonia[59], Alemaña,[60] os dous de Indonesia (Palembang[61] e Semarang[62]), República Checa,[63] Bélxica[64] e Imola.[65]Deste xeito chegou ao circuíto sueco de Uddevalla cunha vantaxe de 130 puntos sobre Thomas Kjær Olsen, a falta de 3 grandes premios, polo que se conseguía 20 puntos máis revalidaría matematicamente o título. Conseguiunos xa na primeira manga, na que obtivo o primeiro posto, proclamándose por segunda vez campión do mundo.[66][67] Na segunda manga tivo unha caída que lle fixo perder posicións e rematou cuarto a manga e terceiro na clasificación final do gran premio.[68] Xa como bicampión do mundo, Prado gañou as dúas probas restantes, en Turquía, no circuíto de Afyonkarahisar,[69] e en Shanghai,[70] pechando o campionato con 16 grandes premios gañados, superando así o récord de 15 nunha tempada que posuía o neerlandés Jeffrey Herlings.[71] Gañou ademais 31 das 36 mangas das que constaba o campionato.

En 2020 corre en MXGP, tras renovar con KTM por catro anos máis, pois a normativa obriga a dar o salto á máxima categoría aos pilotos con dous títulos mundiais.[66] A finais de setembro de 2019 participou co equipo de España (xunto a Iker Larrañaga e Carlos Campano) no Motocrós das Nacións disputado en Assen, no que foi o seu debut coa moto de 450cc. Na primeira manga, na que corrían xuntos pilotos de MXGP e MX2, liderou a proba durante as primeiras voltas ata que a lama dos lentes o obrigou a facer unha parada para cambialos. Logo remontou postos ata subir ao podio en 3ª posición. Na outra manga na que participou, a terceira (MXGP + Open), arrancou mal e finalizou en sétimo lugar. Finalmente España rematou o campionato no noveno posto, empatada a puntos con Letonia (8º), mentres que o título acabou nas mans dos anfitrións, os Países Baixos.[72]

En decembro de 2019 sufriu unha grave lesión mentres adestraba no circuíto de Malagrotta, ao caer da moto e romper o fémur esquerdo, sendo despois sometido a unha operación.[73]

Campionato Mundial de MXGP

[editar | editar a fonte]

Volveu subir a unha moto só dous meses despois da fractura de fémur[74] e conseguiu estar na primeira cita da tempada 2020, o 1 de marzo no circuíto de Matterley Basin, en Winchester, no que foi o seu debut na máxima categoría, co inconveniente de ter moito menos tempo de adestramento que os seus rivais. Con todo, logrou meterse entre os dez primeiros do Gran Premio ao rematar 9º a primeira manga e 12º a segunda, co que obtivo un décimo posto final.[75][76] Unha semana despois, no Gran Premio dos Países Baixos, obtivo un terceiro posto na sesión de clasificación, e no inicio da primeira carreira chegou á primeira curva como líder da carreira. Posteriormente viuse adiantado por Jeffrey Herlings, Tim Gajser e Arminas Jasikonis, e finalizou en cuarta posición. Na segunda carreira sufriu unha caída no inicio que o deixou sen opcións. Adicouse a remontar posicións e acabou en 13ª posición na manga e 9ª na clasificación final do Gran Premio.[77]

Jorge Prado no 2020.

Tras as dúas primeiras carreiras o campionato suspendeuse durante varios meses por mor da pandemia por coronavirus.[78] En xuño, dous meses antes da volta do campionato e cando Prado xa estaba recuperado case totalmente da fractura de fémur, sufriu un novo accidente adestrando, rompendo a clavícula dereita e sendo intervido cirurxicamente de novo.[79][80]

O campionato retomouse en agosto coa disputa de tres grandes premios consecutivos en Letonia. No primeiro deles, o Gran Premio de Letonia, Prado rematou en sétima posición, despois de quedar oitavo na primeira manga e sétimo na segunda.[81] Tres días despois, no Gran Premio de Riga, comezou liderando a primeira das carreiras, pero a rotura de varios radios dunha roda obrigouno a deterse a cambiala, polo que perdeu moitas posicións e non puido sumar puntos. Tamén sufriu problemas na segunda manga, conseguindo sumar só 8 puntos.[82] O 16 de agosto disputouse o Gran Premio de Kegums. Na primeira das mangas Prado rematou en terceira posición, mentres que na segunda foi cuarto. Deste xeito quedou terceiro no cómputo total do Gran Premio, subindo ao podio por primeira vez na categoría raíña, só por detrás do neerlandés Jeffrey Herlings e o lituano Arminas Jasikonis.[83]

Tras Bélxica o Mundial trasladouse a Italia, para disputar seis Grandes Premios consecutivos nese país, tres en Faenza e tres en Mantua. O primeiro deles foi o Gran Premio de Italia, no que Prado rematou quinto na clasificación final despois de liderar case toda a primeira carreira e gran parte da segunda, pero cometendo erros na parte final que o relegaron ata a cuarta e sexta posicións respectivamente.[84] O 9 de setembro disputouse no mesmo circuíto o Gran Premio Cidade de Faenza, no que Prado fixo historia ao gañar o seu primeiro Gran Premio na categoría raíña, tras rematar en segunda posición as dúas carreiras. Tim Gajser e Jeremy Seewer acompañárono no podio.[85] Catro días despois, no Gran Premio de Emilia-Romaña celebrado no mesmo lugar, Prado logrou a súa primeira vitoria nunha manga de MXGP, gañando a primeira das dúas carreiras despois dunha dura batalla con Jeremy Seewer.[86] Na segunda manga chegou sexto, rematando o Gran Premio no terceiro caixón do podio.[87] No Gran Premio da Lombardía rematou en segunda posición as dúas carreiras, subindo ao máis alto do podio como vencedor do Gran Premio. Con todo, unhas horas despois foi penalizado xunto a Romain Febvre por saltar con bandeira amarela na segunda carreira, sendo relegado ao cuarto posto na manga e ao terceiro final.[88] No Gran Premio Cidttà di Mantova volveu subir ao podio en segunda posición, despois de dominar de principio a fin a primeira manga e quedar sexto na segunda.[89] Xa en outubro acabou noveno no Gran Premio de Europa, despois de sufrir unha caída cando lideraba a primeira manga e caer tamén na segunda manga, cando ía segundo.[90] O día 11 disputouse o Gran Premio de España no novo circuíto construído en Arroyomolinos. Prado liderou as dúas mangas dende a primeira curva ata a última, logrando a súa segunda vitoria na tempada.[91] Foi ademais a primeira vez que un español gañaba as dúas carreiras dun Gran Premio da máxima categoría.[92]

A continuación disputáronse tres Grandes Premios consecutivos en Lommel. No primeiro Prado rematou terceiro, despois de acabar terceiro na primeira manga e cuarto na segunda, na que sufriu unha caída ao ser golpeado por Jeremy Seewer cando rodaba segundo. Con este resultado no GP de Flandres ascendeu ata a terceira praza do mundial.[93] Tres días despois logrou a súa terceira vitoria en MXGP, tras quedar segundo na primeira carreira por detrás de Gajser e primeiro na segunda.[94] Antes da terceira cita en Lommel confirmouse que contraera a COVID-19,[95] polo que non puido competir nese gran premio nin nos catro restantes do Mundial, perdendo así todas as opcións ao título, do que o separaban 55 puntos, e ao subcampionato, do que estaba só a 2 puntos.[96] Rematou a tempada en sexta posición.

Resultados no Campionato do Mundo

[editar | editar a fonte]
Ano Moto Clase 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pts Pos
C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2
2016 KTM MX2 QAT QAT TAI TAI PBX PBX ARX ARX MEX MEX LET LET ALE ALE TRE TRE ESP ESP FRA FRA GBR GBR ITA ITA RCH RCH BEL
NTS
BEL
NTS
SUI SUI PBX
12
PBX
2
USE
17
USE
19
USW
16
USW
16
47 33º
2017 KTM QAT
7
QAT
11
IND
21
IND
18
ARX
3
ARX
3
MEX
19
MEX
20
ITA
2
ITA
1
PBX
17
PBX
23
LET
4
LET
5
ALE
12
ALE
10
FRA
6
FRA
5
RUS
15
RUS
4
ITA
18
ITA
NTS
POR
Ret
POR
NTS
RCH
3
RCH
6
BEL
2
BEL
1
SUI
4
SUI
4
SUE
1
SUE
5
USA
18
USA
NTS
PBX
2
PBX
1
FRA
14
FRA
7
460
2018 KTM ARX
16
ARX
7
PBX
2
PBX
2
ESP
2
ESP
3
ITA
1
ITA
2
POR
1
POR
1
RUS
2
RUS
2
LET
10
LET
1
ALE
2
ALE
1
GBR
2
GBR
2
FRA
3
FRA
1
ITA
2
ITA
1
IND
4
IND
3
IND
2
IND
1
RCH
3
RCH
1
BEL
1
BEL
1
SUI
2
SUI
1
BUL
2
BUL
1
TUR
3
TUR
7
PBX
1
PBX
1
ITA
1
ITA
1
873
2019 KTM ARX
1
ARX
1
GBR GBR PBX
1
PBX
1
TRE
1
TRE
1
LOM
1
LOM
1
POR
1
POR
1
FRA
2
FRA
1
RUS
1
RUS
1
LET
1
LET
1
ALE
1
ALE
1
IND
1
IND
2
ASI
1
ASI
1
RCH
1
RCH
1
BEL
1
BEL
1
ITA
1
ITA
1
SUE
1
SUE
4
TUR
1
TUR
1
CHI
1
CHI
1
837
2020 KTM MXGP GBR
9
GBR
12
PBX
4
PBX
13
LET
8
LET
7
RIG
29
RIG
13
KEG
3
KEG
4
ITA
4
ITA
6
FAE
2
FAE
2
EMI
1
EMI
6
LOM
2
LOM
4
MAN
1
MAN
6
EUR
3
EUR
17
ESP
1
ESP
1
FLA
3
FLA
4
LIM
2
LIM
1
LOM LOM TRE TRE PIE PIE GAR GAR 476

Palmarés por anos

[editar | editar a fonte]

2010

  • Campión de España de 65cc.

2011

  • Campión de Europa Júnior de 65cc.
  • Campión do Mundo Júnior de 65cc. Campión máis novo da historia (10 anos e 8 meses)
  • 2012
    • Subcampión de España de 85cc.

2015

  • Campión de Europa de 125 cc. Campión máis novo da categoría (14 anos).

2018

  • Campión do Mundo de Motocrós MX2 con 17 anos.[97]

2019

  • Campión do Mundo de Motocrós MX2 por segunda vez.
  1. "Jorge Prado, el niño de los récords". Marca (en castelán). 31 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jorge Prado ya está en la cima, campeón del mundo de motocrós: el sueño que empezó en una Molto de juguete". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2023. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  3. "Un lucense de siete años, segundo en el mundial infantil de motocross". El Progreso (en castelán). 15 de xullo de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  4. "KTM celebra su botín deportivo en 2010" (en castelán). 21 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Estatísticas". www.mxgp.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Piloto KTM y campeón mundial a los 10 años". As (en castelán). 9 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  7. "Entrevista Jorge Prado: “El motocross es mi vida”" (en castelán). 3 de novembro de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  8. "El niño prodigio gallego ficha por la Ferrari del motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  9. "El gallego Jorge Prado debutará en el Mundial de motocross con 15 años". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2016. 
  10. "La promesa gallega del motocrós, Jorge Prado, hospitalizado tras un accidente". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  11. "El piloto vigués Rubén Fernández se proclamó campeón de España de Motocross 85". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  12. "¡Lesión de Jorge Prado!" (en castelán). 24 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  13. "Jorge Prado aguanta en la República Checa" (en castelán). 11 de agosto de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  14. "Campionati Europei MX 2013. Festival dei giovani a Matterley Basin" (en italiano). 26 de agosto de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  15. "Jorge Prado se lesiona entrenando en Holanda" (en castelán). 7 de marzo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  16. "Jorge Prado Pierde el Europeo por una Lesión" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  17. "Entrevista a Jorge Prado: el futuro del motocross" (en castelán). 16 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  18. "Jorge Prado, campeón de Europa de 125cc" (en castelán). 30 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  19. "Jorge Prado renueva por KTM hasta 2020". Marca (en castelán). 17 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  20. "Jorge Prado debuta en el Mundial de MX2 con podio" (en castelán). 29 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  21. "Jorge Prado hace historia: podio mundialista en Assen". As (en castelán). 28 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  22. "Crack lucense de 15 anos". Galicia Confidencial. 30 de agosto de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  23. "Jorge Prado, campeón en el GP de Trentino". El Progreso (en castelán). 16 de abril de 2017. 
  24. "¡Jorge Prado gana en Bélgica! y Jeffrey Herlings sella un pleno de KTM en MXGP" (en castelán). 8 de agosto de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  25. "Jorge Prado reina en Assen". Marca (en castelán). 10 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  26. "Jorge Prado sube al podio en Argentina". Marca (en castelán). 20 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  27. "Jorge Prado logra su tercer triunfo en el Mundial de Motocross" (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  28. "Jorge Prado logra su tercer triunfo en el Mundial de Motocross" (en castelán). 17 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  29. "Jorge Prado, niño prodigio, emigrante y campeón del mundo". El País (en castelán). 28 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  30. "Jorge Prado repite victoria en Pietramurata un año después" (en castelán). 8 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  31. "Jorge Prado gana el Gran Premio de Italia". El Progreso (en castelán). 8 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  32. "Jorge Prado arrasa en el MXGP de Portugal" (en castelán). 16 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  33. "Jorge Prado logra en Alemania la tercera victoria del año". As (en castelán). 20 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  34. "La revolución francesa de Jorge Prado". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  35. "MXGP Lombardía: Cairoli y Prado se doctoran en Ottobiano" (en castelán). 17 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  36. "Jorge Prado gana en Indonesia y se coloca colíder del Mundial MX2" (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  37. "Jorge Prado gana en la República Checa y ya es líder del Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  38. "Jorge Prado arrasa en Bélgica y se escapa al frente del Mundial". As (en castelán). 5 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  39. "Jorge Prado gana en Suiza y consolida su liderato en el Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  40. "Jorge Prado sigue en racha y no perdona en Bulgaria". Marca (en castelán). 26 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  41. "Jorge Prado, virtual campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  42. "Jorge Prado celebra el título con un doblete en Imola". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  43. "Primer podio del año para Jorge Prado". Marca (en castelán). 18 de marzo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  44. "Jorge Prado se luce en Castellón". Marca (en castelán). 25 de marzo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  45. "Jorge Prado, segundo en Rusia". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de maio de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  46. "Jorge Prado aprieta al campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  47. "MXGP Gran Bretaña: ‘Doble doble’ de KTM en el regreso de Matterley Basin" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  48. "Nuevo podio para Jorge Prado en Indonesia" (en castelán). 2 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  49. "Doblete de Jorge Prado "en la cima del mundo" del Motocross". As (en castelán). 30 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  50. "Jorge Prado arranca el Mundial con doblete en Argentina" (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  51. "Jorge Prado, baja en Gran Bretaña por una lesión en un hombro". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  52. "VIDEO - MX2: Olsen no falla y también se adjudica la segunda manga en Gran Bretaña" (en castelán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  53. "Prado regresa al mundial con un doblete en Valkenswaard" (en castelán). 1 de abril de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  54. "Doblete de Jorge Prado en Pietramurata" (en castelán). 7 de abril de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  55. "Jorge Prado arrasa en el Gran Premio de Lombardía". Marca (xornal) (en castelán). 12 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  56. "Un Prado intratable en Portugal recupera el liderato". El Progreso (xornal) (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  57. "Jorge Prado gana en Francia y afianza su liderato en el Mundial de MX2 de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  58. "O piloto lucense Jorge Prado, imparable no GP de Rusia". 9 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  59. "Jorge Prado logra la perfección en Letonia" (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  60. "Jorge Prado arrasa en Alemania y aumenta su liderato". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  61. Durán, Jesús (7 de xullo de 2019). "Jorge Prado logra en Indonesia a súa décima vitoria da tempada". El Progreso (xornal). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  62. "Jorge Prado gaña as dúas probas de Indonesia". CRTVG. 14 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  63. "Jorge Prado, a un paso de sentenciar el campeonato de MX2 de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  64. "Jorge Prado dá un paso de xigante cara ao título". La Voz de Galicia. 4 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2019. 
  65. "Prado vence en Imola y acaricia su segundo título". Marca (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  66. 66,0 66,1 "Jorge Prado, campeón del mundo de MX2 2019" (en castelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  67. "Jorge Prado, bicampeón mundial de MX2". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  68. "Outra coroa máis para Jorge Prado". El Progreso. 26 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  69. "Jorge Prado sigue incontestable y gana también en Turquía". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  70. "Jorge Prado cierra el Mundial con otra victoria". Marca (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  71. "Final de curso de lujo para Prado, que establece un nuevo récord" (en castelán). 15 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  72. "Holanda reina en el Motocross of Nations; un gran Prado acaba 4º" (en castelán). 29 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  73. "Jorge Prado sobre el día de la lesión: “Fue el peor día de mi vida”" (en castelán). 16 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  74. "Jorge Prado vuelve a subirse a la KTM tras su lesión" (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  75. "Jorge Prado debuta en el Mundial de MXGP dentro del top 10 de la clasificación general" (en castelán). 1 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  76. Antelo, Iván (1 de marzo de 2020). "Meritoria décima plaza de Jorge Prado para empezar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  77. "Jorge Prado destaca en el infierno holandés". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de marzo de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  78. "Se aplaza el regreso del Mundial de Motocross a España" (en castelán). 29 de abril de 2020. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  79. "Jorge Prado se fractura la clavícula a dos meses del reinicio del Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2020. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  80. "Motocross Jorge Prado se rompe la clavícula derecha en un entrenamiento en Bélgica". RTVE (en castelán). 9 de xuño de 2020. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  81. "Jorge Prado, séptimo, firma su mejor resultado en la reanudación del MXGP". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  82. "Jorge Prado suma sólo 8 puntos en el GP de Riga" (en castelán). 12 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  83. "Jorge Prado hace historia y logra su primer podio en el Mundial de MXGP". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  84. "Jorge Prado llegó a dominar en Faenza, pero finaliza quinto" (en castelán). 31 de agosto de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  85. "Jorge Prado logra en Faenza su primera victoria en MXGP" (en castelán). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  86. "Jorge Prado gaña a primeira carreira do GP de Emilia Romagna". CRTVG. 13 de setembro de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  87. "Jorge Prado acostúmase a subir ao podio". CRTVG. 13 de setembro de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  88. Antelo, Iván (27 de setembro de 2020). "Una sanción le quita a Jorge Prado su segundo gran premio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  89. Alonso, Charo (30 de setembro de 2020). "Jorge Prado, segundo en el Gran Premio Città di Mantova". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  90. Antelo, Iván (4 de outubro de 2020). "Las caídas amargan a Jorge Prado el Gran Premio de Europa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  91. "Día perfecto de Jorge Prado no Grande Premio de España". CRTVG. 11 de outubro de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  92. "Histórico doblete de Jorge Prado en Madrid". Marca (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  93. "Jorge Prado finaliza terceiro en Lommel". La Opinión A Coruña. 19 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  94. Alonso, Charo (21 de outubro de 2020). "Jorge Prado reina en Lommel e recorta distancias co liderado do Mundial". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  95. "Jorge Prado dá positivo por coronavirus e pérdese o GP de Lommel". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  96. "Jorge Prado se pierde el final de la temporada 2020 del MXGP" (en castelán). 1 de novembro de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  97. "El lucense Prado, campeón del mundo". Atlántico Diario (en castelán). 28 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]